Estatutos

CAPITULO I

NORMAS XERAIS:

Artigo .- O Club Piragüismo Illa de Arousa é  unha  Asociación privada  con  personalidade  xurídica  e  capacidade  de  obrar,  integrada  por persoas  físicas  ou  xurídicas,  con  personalidade  xurídica  propia  e  capacidade  de  obrar,  con domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia, que ten como obxecto primordial o fomento e o impulso da práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas, así como a participación en actividades e competicións deportivas calquera que sexa o seu nivel e destinatario.

Artigo .- O Club Piragüismo Illa de Arousa practicará  como principal modalidade deportiva a de piragüismo , e solicitará a ratificación dos Estatutos e a inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, de conformidade coa Lei do Deporte de Galicia.

O Club Piragüismo Illa de Arousa practicará así mesmo as modalidade deportivas de piragüismo, remo e vela e para tal fin funcionarán as seccións deportivas correspondentes, sen prexuízo de que a Asemblea Xeral poida acordar a creación doutras.

O Presidente cando as circunstancias o aconsellen, poderá acorda-lo cambio do domicilio social dentro da mesma localidade. Para  o traslado do domicilio a outra localidade, que deberá ser sempre dentro do territorio  da Comunidade Autónoma de Galicia,  será  necesario o acordo maioritario da Asemblea Xeral Extraordinaria.

En ámbolos casos, o traslado de domicilio social non implicará modificación estatutaria, e terá de ser notificado ós socios, e ó Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Artigo 3º.– O domicilio Social do Club Piragüismo Illa de Arousa fixase na rúa Bao SN C.P. 36626 poboación Illa de Arousa concello de A Illa de Arousa provincia de Pontevedra teléfono 625336324 E-Mail piraguilla22@hotmail.com

O Presidente cando as circunstancias o aconsellen, poderá acorda-lo cambio do domicilio social dentro da mesma localidade. Para  o traslado do domicilio a outra localidade, que deberá ser sempre dentro do territorio  da Comunidade Autónoma de Galicia,  será  necesario o acordo maioritario da Asemblea Xeral Extraordinaria.

En ámbolos casos, o traslado de domicilio social non implicará modificación estatutaria, e terá de ser notificado ós socios, e ó Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

 

CAPITULO II

CLASES DE SOCIOS, ADMISIÓN, DEREITOS E OBRIGACIÓNS

Artigo .– O número de socios será ilimitado. A Asemblea Xeral poderá suspender, non obstante, a  admisión  de  novos socios  cando  así  o  esixan  razóns  de  aforo  ou  capacidade  física  das instalacións.  Os socios poderán  ser das seguintes clases:  de número, honorarios,  aspirantes  e familiares.

Artigo .– Son socios de número tódalas persoas maiores de idade, que satisfagan a cota social establecida pola Asemblea Xeral.

Os menores de 18 anos, clasificaranse como socios aspirantes,  tendo dereito ó uso das instalacións sociais mediante a cota que se fixe e pasarán automaticamente a ser socios de número ó cumpriren a maioría de idade.

Serán socios honorarios aquelas persoas ás que a Asemblea Xeral confira esta distinción e terán un posto de preferencia nos actos oficiais da sociedade.

Son socios familiares todas aquelas persoas que dependan economicamente dun socio de número e convivan con el no mesmo domicilio.

Artigo 6º

1.- Os socios de número terán os seguintes dereitos:

a) Contribuír ó cumprimento dos fins específicos da asociación.

b) Esixir que a  Asociación se axuste ó disposto na  normativa  autonómica  deportiva  e ó establecido no presente Estatut

c) Separarse libremente da Asociación .

d) Coñece-las actividades da Asociación e examina-la súa documentación, previa petición razoada ó Presidente.

e) Expor libremente as súas opinións no seo da Asociación.

f) Ser elector e elixible para os órganos de representación e goberno da Asociación, sempre que teña plena capacidade de obrar.

2.- Son obrigacións dos socios de número:

a) Aboa-las cotas que esixa a Asemblea Xeral.

b) Contribuír ó sostemento e difusión do deporte ou modalidades Deportiva

c) Acatar cantas disposicións dicte a Asemblea Xeral, a Xunta Directiva  ou Presidente, para o bo goberno da sociedade.

3.- Os  socios aspirantes  terán  dereito  a  aproveitarse  dos servicios e  instalacións  sociais  da

Asociación.

4.-  Os  familiares  dos  socios    de  número  terán  dereito  a  aproveitarse  daqueles  servicios  e instalacións que se determinen, previo pago da cota fixada.

Artigo .– Para  ser  admitido como socio, en calquera das súas modalidades, será necesario:

  • Te-la idade sinalada para cada unha delas.
  • Solicitude por escrito dirixida ó Presidente.
  • Satisface-la cota de ingreso correspondente.

Artigo .– A condición de socio pérdese:

  • Por vontade propia.
  • Por  falta   de  pago   das   cotas   sociais   durante   tres   meses  consecutivos,  previo requirimento de pago, e consecuente Resolución do Presidente.
  • Por acordo  do presidente no seu caso, fundado en faltas  de carácter  grave, previa audiencia do interesado, que haberá de ser ratificado na primeira asemblea xeral que se celebre.
  • Por calquera outra causa establecida na lexislación vixente.

 

CAPITULO III

ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN E GOBERNO

Artigo

Son Órganos de representación e goberno do Club, a Asemblea Xeral e o Presidente.

Artigo 10º

O Presidente é o órgano executivo do Club, posúe a representación legal convoca e preside os órganos de representación e goberno executando os acordos destes.

O cargo de Presidente é a título gratuíto e carente de interese nos resultados económicos da explotación, por si mesmo ou a través de persoa interposta.

Será elixido mediante sufraxio libre, directo, o igual e secreto por e entre os membros da

Asemblea Xeral, cada 4 anos.

Artigo 11º

O Presidente cesará por:

a) Transcorre-lo prazo polo que foi elixi

b) Dimisión.

c) Falecemento ou incapacidade física ou psíquica para continuar  no exercicio do seu car

d) Aprobación dunha moción de censura pola Asemblea Xeral.

e) Inhabilitación por sentencia xudicial firme ou sanción deportiva.

Artigo 12º

1.-    Como órgano complementario dos de goberno e representación  poderá haber unha xunta directiva que actuará  como órgano colexiado de xestión do Club, e exercerá as funcións que este estatuto lle confire.

2.-   Os membros da Xunta Directiva serán  designados e revocados libremente polo presidente, debendo dar conta diso na primeira Asemblea Xeral que se celebre. Da mesma formará parte un secretario  e un tesoureiro. Tódolos cargos serán gratuítos e carecen de interese nos resultados económicos do Club por si mesmos ou persoa interposta.

Artigo 13º

1.- A Xunta Directiva quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando concorran a ela a maioría dos seus membros. En segunda convocatoria será suficiente a concorrencia, polo menos, de tres dos seus membros, e, en todo caso do Presidente.

2.- A Xunta Directiva convocarase polo Presidente con dous días de antelación como mínimo, á data de celebración.

A Xunta Directiva quedará tamén validamente constituída, cando estean presentes tódolos

seus membros, aínda que non houbera mediado convocatoria previa.

3.- En especial corresponde á Xunta Directiva:

a) Dirixir a xestión do Club, velado polo cumprimento do seu obxecto social.

b) Formular o inventario, memoria e presuposto anual, que se someterá a aprobación da

Asemblea.

c) Aplicar tódalas  medidas deportivas,  económicas e  administrativas  precisas  para  o fomento e desenvolvemento do deporte dentro do Cl

Artigo 14º

O  Secretario  da  Xunta Directiva  coidará  do  arquivo  da  documentación, redactará   cantos documentos afecten á marcha administrativa da Asociación e levará o Libro de rexistro de socios e o Libro de Actas.

Artigo 15º

1.-  O  Tesoureiro  da  Xunta Directiva  será  o  depositario  da  Asociación, asinará  os  recibos, autorizará os pagos e levará os Libros de Contabilidade.

2.- Será obriga do Tesoureiro formalizar,  durante o primeiro mes de cada  ano, un balance  de situación e as contas de ingresos e gastos, que se porán en coñecemento de tódolos asociados.

Artigo 16º

1.- A Asemblea Xeral é o órgano supremo do goberno do Club e estará integrada por tódolos seus socios de número.

2.-  As  Asembleas  Xerais,  tanto   Ordinarias   como  Extraordinarias,   quedarán   validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela   a maioría dos seus asociados. En segunda e última convocatoria media hora más tarde, quedará  constituída calquera  que sexa o número  de  membros presentes.  Entre  a  data  de  convocatoria  e  o  día  sinalado  para  a  súa celebración terán de mediar, como mínimo, dez días naturais e non poderá transcorrer  máis de 20.

Artigo 17º

A Asemblea Xeral convocarase polo Presidente a iniciativa propia ou do vintecinco por cento, ó menos, dos socios de número.

1.- A Asemblea Xeral reunirase  con carácter  ordinario,  previa  convocatoria  do Presidente,  ó menos unha vez ó ano para tratar das seguintes cuestións:

a) Memoria,  liquidación  do  presuposto,  balance   do  exercicio,  rendición  de  contas  e aprobación se procede.

b) Presuposto para o seguinte exercici

c) Proxecto e propostas do Presidente ou da Xunta Directiva.

d) Proposicións que formulen os socios e que terán de ir asinadas  ó menos, polo cinco por cento dos me

2.- Terá de se celebrar Asemblea Xeral extraordinaria  para a modificación de Estatutos, elección do Presidente, toma de cartos a préstamo, emisión de títulos representativos de débeda ou de parte alícuota  patrimonial,  enaxenación de bens inmobles e fixación de cotas dos socios, e calquera outro acordo  previsto nestes estatutos ou que se estime oportuno polo Presidente  ou proceda legalmente.

Artigo 18º

Os acordos  da Asemblea Xeral adoptaranse  por maioría  simple dos presentes, requeríndose unha  maioría  cualificada  e  un  quorum  determinado  de  asistencia  para  aqueles  asuntos  que establezan os estatutos. Serán vinculantes e de obrigado cumprimento e terán forza executiva a partir  da  data  da  súa  adopción,  sen prexuízo, por  razón  da  materia,  da  posibilidade da  súa impugnación perante os órganos competentes e da Federación Galega Deportiva da modalidade ou perante o Comité Galego de Xustiza Deportiva.

 

CAPITULO IV

RÉXIME DOCUMENTAL

Artigo 19º

O réxime documental do Club, constará  dos seguintes libros: Rexistro de Socios, de Actas e

Contables.

Artigo 20º

No libro de Rexistro de Socios, terán de consta-los nomes e apelidos dos socios de número, o seu Documento Nacional de Identidade e, no seu caso, os cargos de representación,  goberno e administración que exerzan  no Club. Tamén hanse especifica-las datas de altas e baixas, e as de toma de posesión e cese nos cargos aludidos.

Artigo 21º

No libro  de  Actas, consignaranse  as  reunións  que  celebre  a  Asemblea Xeral  e  a  Xunta Directiva, con expresión da data, asistentes, asuntos tratados e acordos adoptados. As Actas terán de estar asinadas, en todo caso, polo Presidente e o Secretario.

Artigo 22º

Nos Libros de Contabilidade figurarán tanto o patrimonio como os dereitos e obrigacións, e ingresos e gastos do Club, debéndose precisa-la  procedencia daqueles e a inversión ou destino destes.

 

RÉXIME DISCIPLINARIO

Artigo 23º

Os órganos  e socios do Club estarán  sometidos ó regulamento  disciplinario  do Club e ó disposto no Título VII da Lei 3/2012, do Deporte de Galicia,    e a súa normativa de desenvolvemento.

Artigo 24º

Así mesmo o Presidente e os membros da Xunta Directiva responderán fronte os socios, o Club ou terceiros dos prexuízos que ocasionaren por culpa ou neglixencia grave, de conformidade coa regulamentación propia do Club e o Ordenamento Xurídico vixente.

 

CAPITULO V

RÉXIME ECONÓMICO-FINANCEIRO E PATRIMONIAL

Artigo 25º

  1. No momento da creación do Club deportivo, o patrimonio fundacional é: piraguas, palas, chalecos, 3 furgonetas, 8 ergonómetros, e dispón das seguintes instalacións e locais propios: non dispoñemos de local propio, o que utilizamos é propiedade do concello.
  1. No futuro o patrimonio do Club estará integrado por:

a) As aportacións económicas dos socios, que aprobe a Asemblea Xeral. b) As doazóns e subvencións que reciba

c) Os resultados  económicos que  pode  producir  as  manifestacións  físico-deportivas  que organice a entidade.

d) As rendas, froitos e intereses do seu patrimoni

Queda  expresamente excluído como fin  do Club o ánimo de lucro  e a  totalidade  de seus ingresos e beneficios aplicaranse ó cumprimento dos seus fins sociais.

Artigo 26º

O Club  poderá  gravar e allear bens, mobles e  inmobles, tomar diñeiro a préstamo e emitir títulos transmisibles representativos de débeda ou parte alícuota patrimonial, sempre que cumpra os seguintes requisitos:

1.- Que se autoricen tais operacións por maioría de dous tercios dos socios presentes ou representados na Asemblea Xeral Extraordinaria.

2.- Que ditos actos non comprometan de modo irreversible o patrimonio da Entidade ou  a  actividade  físico-deportiva  que  constitúa  o  seu  obxecto  social.  Para   a adecuada xustificación deste extremo se poderá esixir, sempre que o soliciten como mínimo o cinco por cento dos socios de número, o oportuno dictame económico- actuarial.

3.- Cando se trate de gravar ou allear bens, mobles e inmobles  que foran financiados en todo ou parte, con Fondos Públicos da Comunidade Autónoma será preceptiva a autorización previa do órgano competente da Xunta de Galicia.

Artigo 27º

O  Club  poderá  emitir  títulos  de  débeda  ou  de  parte  alícuota  patrimonial,  que  serán nominativos.

Os títulos inscribiranse nun libro que levará ó efecto o Club, no que se anotarán  as sucesivas transferencias.

En tódolos títulos constará  o valor nominal, a data  de emisión, e, no seu caso, o interese e prazo de amortización.

Artigo 28º

Os títulos de débeda só poderanse subscribir polos asociados, e a súa posesión non conferirá dereito  algún  especial  ós  socios,  agás  a  percepción  dos  intereses  establecidos  conforme  á lexislación vixente.

Artigo 29º

Os títulos de parte alícuota patrimonial han ser asemade, subscritos polos asociados. En ningún caso estes títulos darán dereito á percepción de dividendos ou beneficios.

Artigo 30º

Os títulos de débeda e parte alícuota patrimonial serán transferidos unicamente entre os que teñan a condición de socios.

 

CAPITULO VI

REFORMA DOS ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DO CLUB

Artigo 31º

Os presentes Estatutos só se poderán modificar, reformar ou derrogar, por acordo da Asemblea

Xeral Extraordinaria  convocada a tal efecto, mediante votación favorable  dos dous tercios dos socios de número asistentes.

A reforma destes estatutos seguirá, con respecto ó Rexistro Entidades Deportivas de Galicia, os mesmos trámites administrativos que para a súa inscrición.

Artigo 32º

O Club extinguirase ou disolverase por acordo  de: a) dos dous tercios dos socios en Asemblea Xeral    Extraordinaria,   convocada    ó  efecto  b)  por  sentencia  xudicial  c)  por  outras  causas legalmente  determinadas.  En  todo  caso  haberá   de  ser  notificado  ó  Rexistro  de  Entidades Deportivas.

Artigo 33º

Disolvido O Club, o remanente do seu patrimonio social, se houbera, aplicarase a fins análogos de carácter  deportivo ben por acordo previo da Asemblea Xeral ou subsidiariamente polo órgano competente en materia de deporte da Xunta de Galicia.