Comezando dende as bases do piragüismo cos máis pequenos. Traballamos a estabilidade por medio de embarcacións máis anchas nas primeiras etapas e progresivamente aumentamos a dificultade á vez que o combinamos con exercicios en terra firme para mellorar a estabilidade e coordinación sobre a piragua.
A idade mínima para a realización desta actividade é de 9 anos e se realiza nos seguintes horarios:
- Outubro a Maio: Clases os Luns e Venres en horario de 16:00 a 18:00 horas.
- Xunio a Setembro: Clases os Luns, Mércores e Venres en horario de 16:00 a 18:00 horas.
Pódense consultar os prezos no seguinte apartado da nosa web e se tes algunha dúbida, sempre podes poñerte en contacto con nós.