Cursos

Cursos

Iniciación ao piragüismo

Cursos nos que comezamos dende as bases do piragüismo cos máis pequenos. Traballamos a estabilidade por medio de embarcacións máis anchas nas primeiras etapas e progresivamente aumentamos a dificultade á vez que o combinamos con exercicios en terra firme para mellorar a estabilidade e coordinación sobre a piragua.

Mozos piragüistas sobre unha roca
Piragüistas participando nunha competición de piragüismo

Piragüismo de perfeccionamento

Preparamos aos piragüistas para a participación en competicións a nivel nacional e internacional por medio de adestramentos diarios nos que buscamos a mellora individual das habilidades de cada deportista de maneira personalizada así como a consecución dos obxetivos xerais do clube.

Spinning, Pilates e Ximnasia de mantemento

Cursos dispoñibles para todos os públicos, centrados en combatir o sedentarismo e estrés diario ao que estamos sometidos, por medio de métodos e actividades máis que recoñecidas e probadas na mellora e mantemento do noso estado físico (e mental).

Pilates Spinning Ximnasia Mantemento