1 minuto
A ximnasia de mantemento, como o seu propio nome indica, busca o mantemento dun bo estado físico por medio de exercicios simples aptos para todos os públicos. Aínda que moita xente pensa que a ximnasia de mantemento está pensada só para persoas maiores, imos ver que isto non é así, xa que todo o mundo pode beneficiarse da súa práctica.
Beneficios da ximnasia de mantemento
- Disminúe o risco de sufrir enfermidades cardiovasculares.
- Axúdanos a controlar o peso.
- Prevén a hipertensión e a diabetes.
- É unha boa práctica para a recuperación de lesións en articulacións.
- Tonifica a musculatura.
- Mellora a capacidade respiratoria.
- Prevén a osteoporosis.
- Mantén o noso corpo activo e fortalecido.
A esta lista temos que sumarlle dous datos importantes: que a súa práctica pode levarse a cabo tamén na casa, complementando así os días que non poidamos participar nas clases e que, polo menos no noso caso, pasas un moi bo rato e votas unhas risas.
Horarios clases ximnasia de mantemento para socios: Luns, Mércores e Venres de 10:00 a 11:00